secaño

Terreo de cultivo moi seco, que non é regado

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina siccanu.

Exemplos *

“...dos derradeiros discursos de Xoaquín Costa _o León de Graus_ nos que pedía con moito acaloramento que levasen a auga ós secaños de Castela para traballar as terras que estaban a baldío.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Dicía Cunqueiro que "cos maragatos chegaron os garabanzos do reino de León". No 1996 plantaba 105 hectáreas, 85 na provincia de Ourense e o resto na de Lugo, con rendementos de 900 quilos por hectárea en secaño, moi por riba dos 627 de Zamora.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 17-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.