sensibilización

Acción e efecto de sensibilizar ou sensibilizarse

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “sensibilizar” que nos leva tamén a “sensible” do latín sensibĭlis 'sensible'.

Exemplos *

“O traballo de sensibilización que se está facendo, a visibilización das mulleres non só nos espazos de poder senón no mundo da arte, da cultura, do deporte,... ter referentes, mulleres líderes, que as vexamos que as toquemos é absolutamente importante.” (Antón F. Escudero: A Peneira, 7-2010)

“Faise necesaria a sensibilización de toda a sociedade cara a igualdade de oportunidades, eliminando as manifestacións máis evidentes de sexismo nos materiais que vamos usar para a acción socioeducativa.” (Ana Iglesias, María José Méndez, Puri Mayobre, Lilith, Natalia Domínguez, Eva Moldes, Isabel Taboada, Asociación Malvalila e Delphi: Galeduso. Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.