somier

Parte da cama constituída por unha especie de rede metálica ou por unha serie de láminas de madeira, sobre a que se apoia o colchón

Etimoloxía

Adaptación dun termo que chega do francés, sommier de significado semellante.

Exemplos *

“Antes non pegaba ollo en toda a noite, á espreita de calquera renxer do somier ou abrir de billa que fixesen meus pais para voar pola roupa e liscar cara á feira de Esperante.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada/ Tratantes, 1997)

“Aquela noite, cos ferros do somier da vella cama dos pais defuntos a se me cravar no espiñazo, pregunteille á Amelia pola muller da congostra .” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Bonecas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.