sonata

Peza instrumental escrita para un ou varios instrumentos, composta de tres ou catro movementos de diferente carácter

Etimoloxía

Procede do italiano sonata e esta do verbo sonare “soar, resoar”.

Exemplos *

“Tiña moitas diferentes composicións, matutinas ou nocturnas, cantos de berce, bailes para as vodas, mazurcas para o verán e sonatas para o inverno.” (Heidi Kühn-Bode: Tres mulleres do seu tempo / I. Brigantia, a pintora de San Roque / Prólogo, 2006)

“As partituras amarelecidas de tres sonatas de Mozart para violín e piano que merquei nunha librería de vello en París o día en que coñecín a François.” (Marica Campo: Memoria para Xoana, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.