submarinismo

Conxunto de técnicas e actividades que se realizan baixo a superficie do mar, con fins científicos, deportivos, militares etc.

Etimoloxía

Palabra derivada creada por sufixación sobre “submarino”, e esta desde o latín marinus ‘do mar’.

Exemplos *

“Illa practicamente pelada na superficie, Ons garda un paraíso afundido para os afeccionados ó submarinismo.” (Xosé A. Neira Cruz: Tempos Novos, 7-1997)

“Todo o cuarto cheo de luxo e de fotos de Marquiños gozando da vida alá en Melburne: pescando, submarinismo, con mulleres esplendorosas, relacións públicas abrazándose con xentes importantes daquelas terras australianas.” (Manuel Seixas: A velocidade do frío, 1996

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.