tenda de campaña

Construción formada por unha estrutura de barras ou paus recuberta cunha lona ou outro material impermeable, que se pode montar e desmontar con facilidade, e se utiliza como aloxamento temporal, xeralmente no campo.

Etimoloxía

Locución formada sobre tenda que deriva do baixo latín tenda que procede do clásico tendere 'estricar' e campaña que se forma do vocábulo latino campania, –ae que, á súa vez, vén de campus, –i 'chaira'.

Exemplos *

"Así que temos que poñernos a buscar casa nova axiña, se non queremos ter que poñer unha tenda de campaña no parque." (Agustín Fernández Paz: Avenida do Parque, 17)

"Tan ben, que o vello Elías non tardara en localizar a pequena tenda de campaña que a tía Perfecta montara no Acantilado do Mar Salvaxe." (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.