transformista

Actor cun espectáculo que consiste en caricaturizar e imitar tipos diferentes caracterizándose coma eles

Etimoloxía

Adaptación do equivalente francés transformiste.

Exemplos *

“-Os artistas, seguiu a señora do bar, son seres especiais. -Non todos, señora, non todos. Eu, sen ir máis lonxe, son só un transformista.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

“(...) dous grandes mestres de cerimonias como son o transformista Cristian de Samil e o actor e humorista José Manuel Rodríguez Ponte Isi, que presentou un espectáculo divertido e cheo de moito humor que fixo as delicias dos asistentes .” (Redacción: Galicia hoxe, 6-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.