transporte

Medio ou conxunto de medios para trasladar persoas ou mercadorías

Etimoloxía

Creada sobre o verbo “transportar” que deriva do latino transportare de significado análogo.

Exemplos *

“Xa que a porcentaxe dos anuncios de coches é moi relevante, o que indica unha presenza cada vez maior deste medio de locomoción, que comezaba a competir co autobús e cos camiños de ferro, sen dúbida, o transporte máis popular daquela altura.” (Alberto Allegue Leira: Viaxes e construción do Pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

“O transporte público, e en concreto o de proximidade, é a materia pendente de Galiza. Por suposto que unha parte da culpa témola nós. Cústanos traballo usar o transporte público ou compartir coche, por cuestións de tipo psicolóxico e de educación” (Belén Rodríguez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.