treixadura

Variedade de uva branca, en acios grandes e moi pechos, de bagos alongados, duros e moi doces.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa orixe, para a que se suxire que estea relacionada con treixa, tomada dunha suposta forma latina *tragella ‘rede’.

Exemplos *

“Alicia Castelo mirouno igual que o miraba o seu pai cando non distinguía un acio de albariño dun de treixadura.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“A pegada da terriña particular non era unha prioridade. Agora esta pegada é e será xunto coa personalidade e carácter do bago de albariño, caíño, treixadura ou loureira, o piar no que fundamentar un dos mellores viños brancos do mundo.” (Antonio Portela: A Nosa Terra 09-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.