Acto de tusir
Etimoloxía
Substantivación do participio pasado do verbo “tusir” que procede do equivalente latino tussire.
Exemplos *
“Tank comezou a berrar os nosos nomes en voz alta. Cada vez que pronunciaba un, un breve "si" ou un afogado "presente" respondía entre unha treboada de tusidos e espirros. Con todo, sete nomes non responderon á chamada.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
“Como era de agardar, prendeulle a tose. Emporiso, aínda que fose aos tropezóns, conseguiu dar conta dela. Logo de afogar outro ataque de tusidos, tendeulle a copa baleira para que lla volvese encher.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.