tusigueira

Ataque persistente de tose

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base “tose” que vén do seu equivalente latino tussis.

Exemplos *

“As ventás, que xa non pechan ben, filtran o alento da noite anestesiada, un alento esgazado de whisky e tusigueira que só se pode curar con máis whisky.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“Gardeino e ó chegar ó faiado prendino cun misto. Que tusigueira e que mareos me deron! Nunca entendín como hai alguén que dea fumado.” (Marcelino Salgueiro Rodríguez: Volframio, música e profecías, 2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.