vaguidade

Idea ou expresión vaga.

Etimoloxía

Vén desde o latín, onde o adxectivo vagus, -a, -um significaba 'vagabundo' así como tamén 'incerto' ou 'indeciso'.

Exemplos *

"En "Vaguedás" está presente unha bipolarización de ideas e sentimentos alegres e tristes, aínda que domina no conxunto de toda a obra Follas novas a dimensión triste." (Concepción Delgado Corral: "Reflexións sobre a poética de Rosalía e Curros" en Actas do Congreso internacional de estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo)

"Tía Rosamunda construíra sobre aquel óbito outra maraña de indefinicións e vaguidades que dificilmente se poderían esclarecer." (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.