vaxina

Conduto que forma parte do aparato xenital das femias dos mamíferos e que vai desde a vulva ata a matriz.

Etimoloxía

Vén do latín vagina –ae ‘envoltorio’.

Exemplos *

“… mozas que perden o fillo non nado por falta de asistencia no parto e, no seu lugar, quédalles a secuela das terribles fístulas (comunicacións) que se producen entre a vexiga e a vaxina …” (De Luns a Venres 22-03-13)

.. cancro de útero, causado polo virus do papiloma humano […] presente no 100% dos casos neste cancro feminino pero tamén está vinculado con outros tumores xenitais como no 90% cos cancros de ano e o 40% dos de vulva, vaxina e pene.” (María Xosé Queizán: Anti natura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí