Cada unha das partes dun tellado que verten as augas en distinta dirección.
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe no verbo verter e este no latín vertere 'virar' ou 'cambiar'.
Exemplos *
"Tamén ventá aberta na vertente dun tellado." (José Ramón Soraluce Blond: Guía de arquitectura galega. Linguaxes e mensaxes)
"Sostido por grosos toros de árbores, apuntaba un tellado de rápidas e airosas vertentes coas bordas en curva cóncava." (Antón Risco: Tres situacións elementais)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.