viseira

Peza que sobresae pola parte de diante dun gorro ou dun sombreiro e que serve para protexer os ollos do sol.

Etimoloxía

Vén do francés antigo visière 'protección para o rostro', formado a partir de vis 'cara'.

Exemplos *

"Baixo a viseira da gorra de capitán, unhas cellas espesas, un nariz ganchudo e uns ollos viviaces rodeados de engurras que o sol e o sal se encargaran de cicelar." (Domingo Villar: A praia dos afogados)

"… levaba un traxe novo da cor negra con chaleco claro, pantalón de pana raiada, unha boina de viseira para non cegar coas raiolas baixas do sol e uns zapatóns de coiro groso …" (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.