xenitais

Órganos sexuais externos.

Etimoloxía

Chegou do adxectivo latino genitalis –e, derivado de gignere ‘enxendrar’.

Exemplos *

“… percíbese agora como atentatorio da plenitude da muller a ablación dos xenitais que se practica en moitos países musulmáns ou o tratamento discriminatorio da muller no terreo laboral …” (Xosé Manuel Domínguez Prieto: Alén da libido. Do sexo á sexuidade)

“… a identidade sexual está no cerebro e non nos xenitais, tal e como se vén de demostrar tras alterar o cerebro dun verme e ver como cambiaba o seu comportamento sexual.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.