Arte de realizar exercicios físicos para fortalecer o corpo e facelo máis flexible
Etimoloxía
Termo que chega directamente do grego gymnasía de significado semellante.
Exemplos *
“Ten un grupo de amigas coas que lle gusta ir a andar e a facer ximnasia e prepara dous libros de contos para maiores.” (Doda Vázquez: O Xornal de Galicia, 2-11-2010)
“Estaba tan aborrecida que pensei: vou practicar ximnasia á viña. Que vou facer? Co que me gusta a min estar aquí, podendo estar estomballada na praia co chisme ao sol!” (Ricardo C. Mora: Prosas inmaculadas / My people, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.