academia

Centro privado onde se dan clases de diversas materias soltas, como complemento ás impartidas nos centros que seguen os ciclos de ensino oficial

Etimoloxía

Termo que procede do latín Academia ‘escola de filosofía platónica’, pero que bebe do grego akademeia ‘xardín de Academo’.

Exemplos *

“...a nai decidiu retiralo daquel remuíño de rosarios, triduos, novenas, sabatinas e meses das flores e decidiu ensinarlle ela todo canto sabía, axudada nos latíns e nas matemáticas por unha pasantía, na academia de don Zoilo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Esta moza de Nigrán preparou o exame Mir estudando na súa casa todos os días da semana e acudindo a unha academia compostelá os sábados.” (Olaia Ucha: Galicia Hoxe, 03-03-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.