carvea

Planta herbácea da familia das umbelíferas, con follas divididas en lobos estreitos e flores brancas en umbelas que dan froitos con sabor a anís

Etimoloxía

Denominación cuxa orixe podería estar relacionado co termo do árabe al-karauia que remite ao grego káron. O nome científico que corresponde é Carum carvi.

Exemplos *

“...afirma que nos arredores de Nuremberg os campesiños comían os fungos crus, con pan e auga, sazonándoos con anís e froitos de alcaravía ou carvea; e que se alimentou el mesmo durante varias semanas desta maneira, notando que lle ían a máis as forzas.” (Marisa Castro Cerdeda e Luís Freire García: Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia, 1982)

“A folla do bidueiro é moi boa para a asma, para o que abafa, a ciruda cando ten un madureiro, e tamén se metían os cañotos na boca para a febre, a carvea para a tose, mesmo as silvas teñen medicina.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.