legoeiro, -a

Persoa encargada do coidado das estradas e camiños públicos

Etimoloxía

Denominación que toman como base creativa o termo “legón”, a ferramenta vén da voz latina ligone co mesmo significado.

Exemplos *

“A imaxe de Cabalo tráeme a lembranza dalgúns paisanos que coñecín cando era rapaz, imaxe que emparento coa dun vello legoeiro, ou dun afiador de chifre agudo, ou dese típico moinante de corda, na mao e paraugas encolgado tras da caluga, indo e vindo pola feira do gando coma quen non quer a cousa.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)

“Os naipelos e nenos pequenos non sempre podían quedar debidamente atendidos. O problema víase agravado cando o pai tiña que gañar o pan lonxe da casa, por ser xornaleiro, legoeiro ou ben por ter que andar no mar.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.