Planta herbácea da familia das cucurbitáceas, de caules rastreiros ou gateadores, froitos alongados, máis ben pequenos, pel verde escura con pequenas protuberancias e carne branca
Etimoloxía
Termo que se orixina na palabra latina cucumerem de significado semellante. O nome científico que corresponde é Cucumis sativus.
Exemplos *
“Mentres escolliamos da carta servíronnos uns pequenos entremeses : salmón afumado, albóndegas de carne e unha ensalada confeccionada con cogombro e varias herbas. Para beber, o insubstituíble zume de bagas.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?, 1992)
“Que me encantan os cogombros en vinagre e o Cabrales con torradas. Que traballo na conserva e que son delegada sindical, por tanto dura de roer.” (Manuel Portas: Denso arrecendo a salgado, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.