cabaciña

Variedade de cabaceira con froito alongado e cilíndrico de casca verde e carne branca

Etimoloxía

Diminutivo de “cabaza” que é unha denominación de orixe prerromana. O nome científico que corresponde é Cucurbita pepo.

Exemplos *

“...leva parada dezanove meses. Se pode saír adiante é grazas á horta que dá de todo −patacas, repolos e cabaciñas− e tamén porque a ela non lle importa comer sempre puré de verduras...” (Redacción: Sermos Galiza, 17-8-2012)

“Outros produtos do agro como a cabaciña −xa situado nos cinco euros o quilo, tamén o dobre que hai sete días− ou a berenxena non andarán lonxe. De feito, tanto os sindicatos agrarios nacionais como galegos estiman nun 30 por cento a súa suba media a partir deste mes.” (AA.VV.: Galicia Hoxe, 8-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.