Planta de horta da familia das compostas, espiñosa, da que son comestibles os receptáculos das flores, grandes e carnosos, cando aínda están tenros e da que existen varias especies / Inflorescencia, grande e carnosa, desta planta
Etimoloxía
Voz do árabe hispánico alẖaršúf[a], que viña do árabe ẖuršūf[ah], e que remite quizais ao persa *hār čōb 'pau de espiñas'. O nome científico que corresponde é Cynara scolymus.
Exemplos *
“¡Que sei eu! Tamén é escaso o consumo que o galego fai de remolacha, e cáseque ninguén sabe no país que sexan as coles de Bruxelas nin as alcachofas. Eu probei unhas en Betanzos, da horta dun amigo, que eran deliciosas.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1973)
“Debemos comer máis alcachofas, pois teñen vitaminas e nutrientes, sabendo que se han de mollar nun pouco de limón para que non se poñan negras.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.