agricultura

Cultivo da terra co obxecto de obter dela produtos útiles ao home, particularmente para a súa alimentación

Etimoloxía

Cultismo que bebe do equivalente latino agricultura.

Exemplos *

“É unha agricultura independente, xa que non está vinculada ás industrias convencionais de sementes, pesticidas ou fertilizantes.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 28-11-2000)

“E é a partir desa agricultura, e da alimentación que dela se deriva, como se pode lograr un equilibrio na dieta que permita que os corpos sans e equilibrados sexan habitados por almas racionais.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.