amolarse

Sufrir molestia ou fastío

Etimoloxía

Termo que se forma desde o vocábulo latino mola ‘moa do muíño’.

Exemplos *

“Vou escribir un libro. Porque non me interesa nada ese que el colleu, porque me amolou, e porque seguro que tamén eu teño algo que contar.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)

“Lonxe de amolarse por ter que abandonar a súa argumentación sen rematala, o detentador do pazo amosou a súa fachenda comentando: -Si, un asentamento celta.” (Jaureguizar: Cabaret Volteire, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.