Dependencia dun establecemento bancario onde se pode ingresar ou retirar diñeiro sen a intervención dos empregados
Etimoloxía
Palabra derivada por sufixación tomando como base “caixa” que vén do latín capsa ‘caixa redonda onde se gardaban os rolos’.
Exemplos *
“As primeiras luces do Nadal penduran sobre a cidade escura, reflectidas sobre o cristal do caixeiro automático.” (Patricia Hermida: Luzes, 12-2014)
“Nunca lle vin sacar cartos do caixeiro nin tirar de tarxeta, por moito que se prolongue a noite.” (Ignacio Escolar: 31 noites, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.