chocolate

Pasta comestible feita a base de cacao, azucre e outros ingredientes // Esta mesma pasta, desfeita e cocida en leite ou auga

Etimoloxía

Os estudosos postulan que chegaría desde o náhuatl xocoatl, onde xoco significa 'amargo' e atl 'auga'.

Exemplos *

“Cando "Casa Raposo" comezou a fabricar chocolate no número 44 das Casas Reais posiblemente nin sequera se podería concibir a idea de que, cen anos despois, as máquinas convivirían con obras de arte de finais do século XX constituíndo unha idea pioneira na península que visitarían máis de 100.000 persoas no ano que tivo de vida.” (Xela Cuñarro: A Nosa Terra, 14-12-2006)

“A tendeira , que tiña un patio traseiro e un fondo de repisas con cafés, chocolates negros, biscoitadas e galletas napolitanas, daquelas de azucre e canela. Chocolates negros que non había con que mercar, e viraban brancos; pasábanlles os invernos e os veráns por enriba, ata cheirar de tan vello. Entón íaos cuarteando e dando aos rapaces que chegaban de recado.” (Antonio Piñeiro: As fiandeiras, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.