coacción

Procedemento ou medio violento que se utiliza para obrigar a alguén a facer ou dicir algo

Etimoloxía

Cultismo de orixe latina coactio ‘acción de recoller ou obriga’.

Exemplos *

“Pódese desculpa-la covardía do ser humano que se vén abaixo diante da forza física ou da coacción. Ninguén ten a obriga da heroicidade.” (Xosé L. Franco Grande: A Nosa Terra, 31-10-2002)

“Cando a empresa é quen dá os paus de portas para dentro , ameazas e coaccións conforman o mínimo común denominador da resposta da patronal, cando @s traballador@s erguen a voz en prol dos seus dereitos.” (Beti Vázquez: Sermos Galiza, 13-7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.