condescendencia

Acción de condescender

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre “condescender” que vén de condescendere de significado similar.

Exemplos *

“Non parece tampouco que houbera moita condescendencia co célibe que vivía acoplado á familia dun irmán, en calidade de tío.” (Xavier Castro: Galicia Hoxe, 16-3-2007)

“Aceptaba o subsidio do Estado , pero non a condescendencia de Clemente.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.