Que experimenta un sentimento de satisfacción ou alegría
Etimoloxía
Palabra que nos chega á lingua desde o latín contentus, que é o participio pasado de continēre 'conter' ou 'reprimir'.
Exemplos *
“Non nos contes nada, que nos chega dabondo con verte ben. Volvemos para Cabanas moi contentos despois de comprobar que está fora de perigo.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“Se cadra foi unha tolemia, pero estamos contentas, coñecémonos dende hai tempo, da universidade en Santiago, cando eu facía Filosofía e ela Historia.” (Rodri Suárez [entrevista]: Sermos Galiza, 12-6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.