cordeeiro, -a

Persoa que fabrica ou vende cordas e outros obxectos de cánabo

Etimoloxía

Derivado sobre “corda”, que procede do latín chorda, -ae, adaptación do grego khordé, -és ‘tripa’ ou ‘corda de tripa’.

Exemplos *

“E, pois che cai no roteiro do viaxe de retorno e pasarás carón del, entra en donde o cordeeiro torce o cáñamo no torno ¡e traime o mellor cordel!” (Ramón Cabanillas: Versos de alleas terras e de tempos idos(paráfrasis gallegas), 1955)

“Entre tanto Martín Feixó, labrego e cordeeiro de profesión, de quen non se coñecía participación en cousa algunha como non fora nos seus negocios, rolaba no chan varrido o sentido, sen que os seus ousaran botarlle a man.” (Francisco Xabier Iglesias López: O soño do falcón, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.