Cousa desexada
Etimoloxía
Palabra que vén do latín vulgar *desedium, que bebe do clásico desidia que significaba ‘inercia’, ‘indolencia’ e ‘repouso’.
Exemplos *
“Era o único membro da familia que lle preguntaba sobre os seus desexos, sobre o que quería facer no futuro.” (Teresa Barberena Fernández: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Tesalónica, 2011)
“Fuxe, se queres, do "que tal?" (...) Pero sorrí, expresa bos desexos, se amable cos teus semellantes e, se es asocial ou un pouco túzara, fai todo o anterior pero finxindo moita présa.” (Irene Pérez Pintos: Etiqueta para todos/as. Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.