didáctico, -a

Propio ou axeitado para ensinar ou instruír, ou que encerra unha ensinanza

Etimoloxía

Palabra culta procedente do grego didaktikós relacionado con ‘ensinar’ ou ‘instruír’.

Exemplos *

“Cantar é un excelente recurso didáctico para os nenos e nenas. Favorece o desenvolvemento da atención, concentración, memoria, imitación, comunicación e socialización.” (AA.VV.: Sermos Galiza, 14-5-2015)

“Un cine con presentación das cintas e coloquio, que burlaba a censura franquista do cine comercial e resultaba moi didáctico e democrático; todo un exercicio de liberdade de pensamento.” (Agustín Rodríguez Caamaño: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.