Acción de empurrar
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “empurrar”, voz que se cre que se forma sobre a onomatopea purr-.
Exemplos *
“Mentres, escoitábanse moquetes e empurróns, golpes contra os mobles, almofías e outros trastes rodando polo chan. Na rúa, os cans ladraban por mor do alboroto.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)
“Achegueime ata el e dinlle unha man para axudarlle a levantarse. Brais seguía maldicindo polo baixo e apartoume dun empurrón. A brusca actitude daquel rapaz malcriado colmou a miña paciencia.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.