Persoa que ensina
Etimoloxía
Palabra procedente do participio presente do verbo “ensinar”, este chega do latín vulgar insignare que significaba ‘sinalar’.
Exemplos *
“O avó como ensinante frustrado, mestre sen discípulos, a exercer maxisterio con ela, a ensaiar o seu labor didáctico en cada visita; profesor sen aula, arrombado, ocupadas as horas que lle restan en rabuñar avidamente no pasado, a encher o tempo con palabras.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Levo ben anos en contacto con alumnos/as, con ensinantes, bibliotecarias ou promotores de lectura tentando convencelos dos beneficios indiscutibles da literatura.” (Antonio García Teixeiro: A Nosa Terra, 10-7-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.