estereotipo

Idea ou expresión que por ser moi utilizada é totalmente convencional e carece de orixinalidade e de significación

Etimoloxía

Préstamo do francés estéréotype con significado parecido.

Exemplos *

“As miñas pintas , sen seren extravagantes, cadraban ben pouco co estereotipo de filla modelo que, por exemplo, tan ben cumprían as fillas de tía Aurora.” (Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras, 2001)

“A literatura de viaxes impregnouse , así , dos valores culturais do patriarcado e dos estereotipos sobre o masculino e o feminino, cos seus valores asociados de subalternidade, e proxectounos sobre a relación coa colonia.” (María López Sande: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.