evocación

Acción e efecto de evocar

Etimoloxía

Voz que deriva do termo latino evocationem ‘chamada’.

Exemplos *

“Dei remate ás evocacións divagatorias. Fino así o proceso no que contei a miña historia persoal, a do tempo que me tocou vivir, do país dese tempo complexo e accidentado.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)

“Esas tebras provocaron illamento, e o illamento malos pensamentos e evocacións escuras.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.