Dito ou feito que indica cariño e benevolencia ou mostra amizade cara a alguén
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “fino” que vén do latín finis ‘fin’ ou ‘termo’.
Exemplos *
“Agradecín de corazón aquela fineza, e por pouco non choro de gratitude.” (Silvio Santiago: O silencio redimido. Historia dun home que pode ser outro, 1976)
“Permítame a vosa alteza que a felicite polo recibo das finezas das que se serve de facerme mención.” (Heidi Kühn-Bode: Tres mulleres do seu tempo / II. Xoana de Vega, mestra de raíñas e princesiñas, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.