gabanza

Conxunto de palabras, discurso etc. con que se gaba

Etimoloxía

Vocábulo que se deriva do verbo “gabar”, onde a orixe da palabra crese que está no occitano gaber cun significado semellante

Exemplos *

“Díxenlle que había merece-la posteridade, e el agradeceu a gabanza cun sorriso.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“O señor Wessler correspondeu ás gabanzas do xornalista.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.