Cousa á que se aspira por considerala o mellor ben posible
Etimoloxía
Voz que procede do latín idealis de significado similar.
Exemplos *
“Foi tan intensa e variada a vida universitaria da miña época que non resulta doado pór orde nas lembranzas. Eran moi contados os profesores cos que compartía ideais.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)
“Do anxo non podo falar con ninguén, só contigo, Mati. Eu creo que o que sinto é amor. Amor verdadeiro e non unha fantasía, nin un ideal.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.