Felicidade que se sente pensando no desenlace de algo, en algo que vai vir ou que se espera que veña
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde o latín illusio ‘engano’, ‘burla’ ou ‘ironía’.
Exemplos *
“Tiña a ilusión de que a hipnose a ía trasladar a algún deses momentos e entón podería afirmar que era consciente de vivir dende o principio da humanidade.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Uns estudantes falaban de ecuacións, de clases, de mozas, de festas, de adubos, de ilusións.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Choverá sobre mollado, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.