merendola

Reunión de xente para celebrar algo cunha merenda

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “merenda” que procede do latín merenda ‘comida ao cerrado da noite’.

“Acabada a merendola armouse un baile de acordeón e violín que os do país levaban con moito aquel e no que os nosos , unha vez collidos puntos e pasos , deron exemplo de saber moverse e de roubar parellas , todo sen palabras.” (Bernardo Maíz: Nautilus 1892-94, 1994)

“Xa liberados de tensións e traballos pola merendola e unhas farias de premio , a expedición marchou cara ao seu destino.” (J.A. Xesteira: Contos de familia/ Quedamos de vir ás nove, viñemos ás nove e media, 2005)

Exemplos *

“Acabada a merendola armouse un baile de acordeón e violín que os do país levaban con moito aquel e no que os nosos, unha vez collidos puntos e pasos , deron exemplo de saber moverse e de roubar parellas, todo sen palabras.” (Bernardo Maíz: Nautilus 1892-94, 1994)

“Xa liberados de tensións e traballos pola merendola e unhas farias de premio, a expedición marchou cara ao seu destino.” (J.A. Xesteira: Contos de familia/ Quedamos de vir ás nove, viñemos ás nove e media, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.