nutricionista

Especialista en nutrición

Etimoloxía

Palabra creada sobre “nutrición” que vén desde a latina nutrione ‘acción de nutrir’.

Exemplos *

“E isto xéralles ás industrias de produtos dietéticos máis de 33 mil millóns de dólares. Malia que segundo a nutricionista Linda Bacon, da Universidade de California en Davis, case ninguén logra manter o peso arelado con tales medidas.” (Xabier Paz: Tempos Novos, 6-2008)

“Unha análise dun grupo de nutricionistas brasileiros detectou cunhas simples contas a caída do índice de masa corporal en diferentes gañadoras de certames de Miss.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.