patria potestade

Autoridade que legalmente teñen os pais sobre os fillos non emancipados.

Etimoloxía

É a adaptación da frase latina patria potestas que significaba literalmente 'poder do pai'.

Exemplos *

"¿Temía, se cadra, ter que admitir que a rapaza "continuaba baixo a patria potestade de ámbolos dous cónxuxes, vivindo coa súa nai"?" (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)

"Ó outro lado, unha protesta xeracional que se nega a acepta-la patria potestade dos máis vellos do clan." (Xavier Navaza: O Correo Galego 09-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.