Vivenda nun edificio de varias plantas
Etimoloxía
Derivado regresivo do verbo “pisar” que vén do latín *pisare que procede do clásico pinsare ‘pisar’.
Exemplos *
“Agora xa non é que veñan menos estudantes, senón que ademais buscan un aloxamento distinto e acaban moito máis que antes en pisos.” (Raquel C. Pico: Luzes, 11-2016)
“Logo do incidente co mangallón, mudou Nito para outra escola ou academia non lonxe do patio parroquial; estaba instalada en dous amplos pisos dun edificio antigo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.