plan

Idea ou proxecto

Etimoloxía

Vocábulo que chega directamente do latín planus, -a, -um ‘plano’, ‘igual’ ou ‘nivelado’.

Exemplos *

“Despois de que o mozo repuxese forzas, mentres recollían a cociña, a parella fixo plans para o día seguinte.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

“Os meus plans fallaron, os plans daquel tipo que andaba por Europa en autostop.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.