prado

Comunidade vexetal (herbácea) densa e húmida, sempre verde, pero que pode experimentar un certo esgotamento estival.

Etimoloxía

O lugar onde medra a herba era en latín pratum, -i, e de aí tomámolo nós.

Exemplos *

“Se ten auguiña amorosa que non deixe de correr, prado de rega xeitosa dá herba de bo manter.” (Manuel María: Terra Chá)

“Xa non é verde o prado que lle secou a fontiña; ó acabárselle o regado a herba secouse axiña …” (Manuel María: Terra Chá)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.