Persoa encargada da educación dun neno, en particular de xeito privado
Etimoloxía
Vocábulo que vén do latín praeceptor, -oris ‘mestre’.
Exemplos *
“Quixo educar á filla dentro dun orde, como era habitual nas señoritas da súa terra. Consentiu nas clases do preceptor grego por intervención do pai de Exeria ó que admiraba e obedecía, dado o seu rango superior.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)
“Curiosamente, nas escrituras de fundación de tales escolas coincidían en esixiren dos respectivos mestres unha ríxida conduta moral pública e privada: "O preceptor non ha de entrar a beber en taberna ningunha, nin sequera co adaxo de romaría ; nin ha de ser lascivo nin quimerista, senón de vida e costumes exemplares."” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.