prelo

Máquina usada en tipografía para imprimir textos

Etimoloxía

Termo que vén do latín prelum ‘prensa’.

Exemplos *

“O Centro Gallego tirou do prelo dous libros da miña autoría, Danzas populares gallegas e Galicia no espello.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado¸ 2003)

“Así foi como un mestre de nome Quirino (...), lles aprendeu as primeiras letras a Mariña e ó Chavián co Cristos e o Silabario escritos da súa ma, porque nesta terra deixada da man de Deus non había cartillas impresas e aprendíase antes a ler en manuscritos ca nos libros do prelo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.