Acción de retornar
Etimoloxía
Vocábulo regresivo do verbo “retornar” que vén de “tornar” e este de tornare ‘tornear’.
Exemplos *
“Os primeiros días do retorno da nai, Lucía disfrutaba coas fotos que lle ensinaba dos lugares estraños que visitaba, a indumentaria que vestía e as aventuras que lle contaba.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)
“Lea convocou unha pequena reunión familiar para celebrar o meu retorno.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.